A Consellería de Cultura e Educación suma o CDG á celebración do Día das Letras Galegas coa 'Ronda poética' da Compañía Femme Fatale
[16/05/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suma ao programa xeral de actividades que está a desenvolver no marco da celebración do Día das Letras Galegas 2012 a Ronda poética que a Compañía Femme Fatale despregará mañá, xoves 17 de maio, polas rúas do casco antigo de Santiago de Compostela.  [+]
A Consellería de Cultura e Educación presenta a nova montaxe do Centro Dramático Galego e reforza o seu diálogo co sector teatral
[15/05/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciou esta mañá a próxima montaxe do CDG, que se enmarca na aposta polo funcionamento da compañía pública como unidade de produción de espectáculos. Trátase de O profesional, que se estreará o 5 de outubro e será realizada en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga.  [+]
Cultura e Educación pon á venda as entradas para o concerto de Antonio Florio e a Capella della Pietà de' Turchini dentro de Galicia Classics
[14/05/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir a venda anticipada de entradas para o concerto “Anxos e demos: a ópera bufa e seria nos teatros napolitanos do século XVIII”, que o recoñecido director Antonio Florio ofrecerá á fronte da súa Cappella Pietà de’ Turchini o 20 de xuño no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo.  [+]
A Consellería de Cultura e Educación inicia unha rolda de contactos coas asociacións audiovisuais para reformular as axudas ao sector
[14/05/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou unha rolda de contactos coas principais asociacións profesionais do audiovisual galego para recoller todas as suxestións e puntos de vista cara a unha reformulación das axudas económicas ao sector nun proceso de participación que se prolongará ata setembro. [+]
Cultura e Educación organiza a gala de entrega do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico con dirección artística de Evaristo Calvo
[13/05/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Radio Galega organizan o acto de entrega do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que terá lugar no Salón Teatro de Santiago o martes 15 de maio ás 20.00 horas. O Centro Dramático Galego (CDG) encárgase da produción da gala, baixo a dirección artística de Evaristo Calvo.  [+]

Carteleira

<<   Maio   >>
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 

 [17-maio-2012]

PRODUCIóNS TEATRáIS EXCéNTRICAS
Ourense

 [17-maio-2012]

PENTALFA
Ponteareas

 [17-maio-2012]

CLAVE DE FADO
Ponteareas

Revistas

PARAÍSO número 11 xaneiro 2012



AO VIVO MÚSICA número 11
xaneiro 2012



Galería

Vídeos