Sarabela Teatro estrea mañá en Ourense 'Pequenas certezas', espectáculo subvencionado pola Consellería de Cultura con 45.000 euros
[23/09/2014]
A Consellería de Cultura e Educación participou hoxe na presentación de ‘Pequenas certezas’, o último espectáculo producido pola compañía galega Sarabela Teatro baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda a partir da peza de Bárbara Colio, que se estrea mañá mércores 24 de setembro no Auditorio Municipal de Ourense.  [+]
A Agadic organiza as 'Xornadas de marketing online para a promoción do audiovisual' dentro do seu programa formativo Galicia ProFilme
[23/09/2014]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) as ‘Xornadas de marketing online para a promoción do audiovisual’ (MOav) que, dirixidas aos profesionais do sector en Galicia, se desenvolverán o xoves 2 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago. [+]
Cultura e Educación apoia o festival Galicreques, que ofrecerá en Santiago 65 funcións de teatro de marionetas a cargo de 21 compañías
[23/09/2014]
A Consellería de Cultura e Educación apoia a celebración do Festival Internacional de Títeres Galicreques 2014, que se desenvolverá en distintos espazos de Santiago entre o 27 de setembro e o 5 de outubro coa participación de 21 compañías galegas e de fóra de Galicia e un ciclo de microteatro dedicado a Julio Cortázar como principal novidade. [+]
O Womex 2014 de Santiago rexistra un gran éxito de convocatoria, con 1.800 persoas xa inscritas e todos os stands reservados
[21/09/2014]
A Consellería de Cultura e Educación destaca o éxito de convocatoria do Womex 2014, que a día de hoxe ten acadado xa 1.800 persoas inscritas, procedentes de 75 países diferentes. Womex, a feira de ‘world music’ mais importante do mundo, celebrarase do 22 ao 26 de outubro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura e na cidade de Santiago.  [+]
O CGAI inicia en Ourense a nova temporada de proxeccións no Cineclube Padre Feijoo coa versión restaurada de 'Metrópolis'
[19/09/2014]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Cultural Cineclube Padre Feijoo desenvolven a partir deste luns 22 de setembro a nova temporada de proxeccións en Ourense do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) no marco do acordo asinado este mesmo ano por ambas as entidades. [+]

Carteleira

<<   Xaneiro 2014   >>
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 

 [23-setembro-2014]

ALÓ DJANGO TRÍO
Santiago de Compostela

 [23-setembro-2014]

PASIÓN Y BODA DE PAMPLINAS + UNA SEMANA
A Coruña

 [23-setembro-2014]

PASIÓN Y BODA DE PAMPLINAS + UNA SEMANA
A Coruña

En liña

Flims from Galicia
FILMS FROM GALICIA
2013-2014

(pdf, 5 MB)

Galería

Vídeos

   Olladas