As editoras Xerais e Baía publican os catro títulos galardoados cos últimos premios de literatura dramática da Agadic
[27/07/2015]
A Agadic da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar en réxime de coedición con Edicións Xerais de Galicia e con Baía Edicións os catro títulos galegos galardoados na última convocatoria dos seus premios de literatura dramática Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde. [+]
A Agadic colabora coa Federación Galega de Bandas de Música Populares para a celebración do seu certame e concurso de composición
[24/07/2015]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) colaborarán durante este ano para impulsar as dúas principais actividades desta entidade, como son o IX Certame Galego de Bandas e o VIII Concurso Galego de Composición. [+]
A Agadic entra no padroado da Fundación MEDIA para favorecer a captación de fondos europeos por parte do audiovisual galego
[23/07/2015]
A Agadic e a Oficina Media España asinaron hoxe un convenio marco de colaboración cultural para a integración da Consellería de Cultura e Educación no padroado desta fundación cultural dedicada á difusión das posibilidades de financiamento europeo e á captación de fondos do programa MEDIA para os proxectos audiovisuais españois. [+]
A Agadic reúne guionistas e directores audiovisuais para abordar as oportunidades que lles brinda o programa MEDIA europeo
[22/07/2015]
Guionistas e directores do sector audiovisual galego asistiron esta tarde na sede da Fundación SGAE, en Santiago de Compostela, a unha sesión informativa sobre as claves para optimizar o seu acceso ás axudas ao desenvolvemento de proxectos e á distribución televisiva a través do programa europeo MEDIA. [+]
A produtora galega SocialDocs inicia na Ribeira Sacra a rodaxe da longametraxe documental 'O desafío do Sil'
[22/07/2015]
A produtora galega SocialDocs presentou hoxe no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil o inicio da rodaxe 'O desafío do Sil', unha longametraxe documental sobre os logros acadados pola empresa Saltos de Sil como referencia da enxeñaría internacional a mediados do século XX. A Agadic cofinancia esta nova película de Domingo Díaz.  [+]

Carteleira

<<   Maio 2015   >>
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 

 [29-xullo-2015]

MIGALLAS TEATRO
Ribadeo

 [29-xullo-2015]

SUMRRÁ
A Coruña

 [30-xullo-2015]

MAGO DEIMI
Sober

Catálogos interactivos 2015

Films from Galicia
Shorts from Galicia
Longametraxes e series
(pdf, 2.82 MB)
Curtametraxes
(pdf, 1.35 MB)

Galería

Vídeos

   Olladas