O Salón Teatro de Santiago acolle este sábado o concerto
[24/05/2013]
O Salón Teatro da Consellería de Cultura e Educación acolle este sábado 25 ás 21:00 h o concerto especial RefórzaNos, organizado por aCentral Folque para recadar fondos para a Escola Livre de Música Popular Galega e exhibir no escenario algúns dos proxectos deste centro nos que participan profesores, alumnos e outros artistas.  [+]
A Consellería de Cultura e Educación apoia a estrea en Galicia do filme
[23/05/2013]
A Consellería de CulturaEducación e Ordenación Universitaria participou hoxe na estrea galega de Somos xente honrada, primeira longametraxe do director vigués Alejandro Marzoa producida por Vaca Films, que tivo lugar no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño como parte do acto oficial de apertura da décima edición do Festival de Cans. [+]
Cultura e Educación abre o Salón Teatro ao público infantil e familiar con dúas funcións de
[22/05/2013]
O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dedica a xornada do venres 24 de maio ao público infantil e familiar con dúas funcións do espectáculo O soldadiño de chumbo, nova proposta da compañía galega Baobab Teatro que poderá verse en Santiago ás 18.30 horas e ás 20.30 horas. [+]
O Centro Dramático Galego representa en Narón
[22/05/2013]
O Centro Dramático Galego da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria representa este sábado en Narón a súa última produción teatral, Días sen gloria, orixinal de Roberto Vidal Bolaño, dirixida por Fefa Noia e protagonizada por Manuel Manquiña como homenaxe ao autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas. [+]
O Salón Teatro de Santiago acolle este xoves a estrea do documental
[21/05/2013]
A Consellería de Cultura e Educación ofrece este xoves 23, ás 20.30 h, no Salón Teatro de Santiago a estrea da longametraxe documental Shoots from Abyssinia, de Ovidio Fernández. O seu fillo Abdul, etíope de nacemento e galego de adopción, protagoniza este filme, rodado no verán de 2010 durante a viaxe que realizaron ao norte de Etiopía. [+]

   Olladas