-Audiovisual 2011: publicadas no DOG as resolucións das cinco convocatorias

Xa están dispoñibles para a súa consulta e descarga a través do apartado de axudas desta web as listaxes de proxectos subvencionados e contías concedidas ao abeiro das seguintes convocatorias de subvencións, así como as correspondentes resolucións publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG):

-Producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural: resolución publicada no DOG nº 228, de 29 de novembbro de 2011.
-Creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego: resolución publicada no DOG nº 227, de 28 de novembro de 2011.
-Desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega: resolución publicada no DOG nº 227, de 28 de novembro de 2011.
-Desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega
: resolución publicada no DOG nº 227, de 28 de novembro de 2011.
-Produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como de videoclips: resolución publicada no DOG nº 227, de 28 de novembro de 2001.