Avisos
-Inscrición de espectáculos e concertos na Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Rede Galega de Música ao Vivo
A Axencia Galega das Industrias Culturas (Agadic) abre do 9 ao 24 de abril de 2012 o prazo de inscrición de espectáculos e concertos cara á configuración das programacións do segundo semestre de 2012 nas súas tres redes de distribución escénica e musical:
-Rede Galega de Teatros e Auditorios
-Rede Galega de Salas
-Rede Galega de Música ao Vivo
O trámite realízase a través da web galescena.info, seguindo os seguintes pasos:
-Instrucións para os grupos e compañías que NON estean dados de alta en galescena.info:
1º Solicitar a alta como compañía teatral ou grupo musical.
2º Encher todos os datos relativos á compañía ou grupo e premer no botón enviar.
3º Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación da compañía/grupo.
4º Entrar de novo en galescena.info e crear as fichas dos espectáculos/concertos a ofertar.
5º Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asocialas ás redes nas que a compañía ou grupo estea interesado en participa (a normativa de funcionamento de cada unha das redes está dispoñible para a súa consulta no apartado de DOCUMENTACIÓN de galescena.info).
-Instrucións para grupos e compañías dados de alta en galescena.info:
1º Entrar na web co usuario e contrasinal habituais.
2º Na zona privada da intranet, acceder á pestana de espectáculos/concertos para ver as fichas creadas con anterioridade.
3º Revisar a información de cada un dos espectáculos/concertos, modificando o que se estime oportuno, ou crear novas fichas de espectáculos/concertos.
4º Unha vez modificado ou creado o espectáculo/concerto, voltar á pestana INICIO e asociar as fichas ás redes nas que se queira participar (paso imprescindible para figurar entre os espectáculos/concertos ofertados).
A medida que se van cumprimentando os datos, o propio sistema indica cal é o seguinte paso. En caso de dúbida, os contactos do departamento de Programación da Agadic son:
programacionagadic.1@xunta.es
programacionagadic.2@xunta.es
Tel: 981 577 126 ext. 103
Horario de atención ao público: de luns a venres, agás festivos, de 9.00 a 14.00 horas.





















