-Apertura ao público da mostra Paleophonía

A sala de exposicións do Centro Cultural Salvador de Madariaga da Coruña (Rúa Durán Loriga, 1) acolle Paleophonía, unha mostra de máis de 100 obxectos que trazan un itinerario sobre a historia da gravación sonora. 
Comisariada polo musicólogo Luis Delgado, a exposición está promovida pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e a Agadic da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Visitas:
Do 1 de decembro de 2011 ao 29 de xaneiro de 2012.
Aberto todos os días de 12:00 a 14.00 e de 18:00 a 21:00
(24, 25 e 31 de decembro e 1 xaneiro, pechado)

-Convite ao acto de apertura.