Avisos
-Parabéns a ARRUGAS e BIRDBOY, producións galegas galardoadas nos premios Goya 2012
As producións galegas de animación ARRUGAS e BIRDBOY obtiveron tres dos premios Goya 2012 outorgados pola Academia de Cine o pasado 19 de febreiro en Madrid.
Actualmente en exhibición en cines, ARRUGAS, que está dirixida por Ignacio Ferreras a partir da adaptación do cómic homónimo do catalán Paco Roca, foi galardoada con dous premios, o de Mellor Longametraxe de Animación Española e o de Mellor Guión Adaptado. A concesión desta última distinción recaeu no guionista coruñés Ángel de la Cruz e supuxo o fito de ser a primeira ocasión na que unha película de animación é distinguida cun premio nunha categoría diferente á dedicada especificamente a este xénero.
Pola súa banda, BIRDBOY, obra do debuxante da Coruña Alberto Vázquez Rico xunto ao vasco Pedro Rivero, alzouse co Goya á Mellor Curtametraxe de Animación Española. Trátase da primeira incursión cinematográfica de Vázquez Rico, para o que realizou unha adapación da súa novela gráfica Psiconautas.
-Web de Arrugas.
-Web de BirdBoy.
-Web oficial dos Goya.

























