Avisos
-Premios de literatura dramática da Agadic 2012
A Axencia Galega das Industrias Culturais abre unha nova edición dos seus tres premios de literatura dramática a través da convocatoria publicada no DOG nº 73 de 17 de abril de 2012, na que se establecen as bases para:
-XXI Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais
-VII Premio Manuel María de literatura dramática infantil
-X Barriga Verde de textos para teatro de monicreques
Poderán optar a estes galardóns, que comparten como obxectivo o estímulo da creación literaria no eido dramático, textos teatrais inéditos escritos en galego e non representados nin premiados noutros certames. Nos tres casos, o tema e a extensión poderán ser libres, aínda que deberán ter en conta o principio de duración normal dun espectáculo teatral, de xeito que non serán admitidas as obras de teatro breve. No caso do Álvaro Cunqueiro e do Manuel María, quedarán igualmente excluídos os textos para teatro de monicreques.
Prazo de recepción de orixinais:
do 18 de abril ao 11 de xuño de 2012
Bases:
-Galego (pdf, 1Mb)
-Castelán (pdf, 1 Mb)




















