-Estudio sobre Redes y Circuitos de Espacios Escénicos Públicos en España 2006-2010

La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública realizou, en colaboración co Departamento de Socioloxía da Universidad de Valladolid, o Estudio sobre Redes y Circuítos de Espacios Escénicos Públicos en España 2006-2010, no que se analiza o funcionamento e actividade da Rede Galega de Teatros e Auditorios, promovida pola Agadic, xunto a outros programas similares que operan en Andalucía, Castela e León, Aragón, Barcelona, Castela-A Mancha, Madrid, Murcia e Tenerife.

Trátase dun traballo pionero desenvolvido ao longo de máis de dous anos e destinado, segundo os seus artífices, a "facilitar a comprensión detallada do funcionamento das redes e circuítos de espazos escénicosdo Estado e permitir o deseño de estraxias de futuro para garantir a súa sustentabilidade", e que destaca ademais o papel destas iniciativas como dinamizadores da industria escénica e responsables da vertebración da industria oferta cultural.

Para o caso concreto de Galicia, o informe suliña, entre outras conclusóns, que a Rede Galega de Teatros e Auditorios chega a unha poboación potencial de 1.635.751 habitantes cunha cobertura que supera o 58% do seu radio de acción, que rexistrou un significativo incremento de actividade no período analizado ou que a programación teatral que ofrece é de produción local en máis do 90%.

-Estudo completo. (11,3 MB).