Novas
Xesús Vázquez Abad preside o novo Consello de Dirección da Agadic
[08/02/2012]
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu hoxe a primeira reunión do novo Consello de Dirección da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), ao que se incorporan asemade o secretario xeral técnico e o secretario xeral de Cultura, Jesús Oitavén e Anxo Lorenzo, respectivamente.A secretaria xeral técnica da Consellería de Facenda, María Socorro Martín, tamén pasa a formar parte do órgano de dirección da Agadic, no que continúan como vogais a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e o director da Axencia, Juan Carlos F. Fasero.

























