Novas
ESTÁ INSPIRADA NA VIDA DE PERSONAXES REAIS DUNHA REXIÓN DE COLOMBIA
[28/02/2007] O Salón Teatro de Santiago ofrece mañá xoves día 1 e o venres día 2, ás 20.30 horas, dúas funcións do espectáculo
Los olvidados , coreografía da compañía madrileña Rayo Malayo como parte da programación de danza deseñada este trimestre polo Centro Dramático Galego. A obra está baseada no libro titulado "Los olvidados, resistencia cultural en Colombia", que trata sobre a vida en Magdalena Medio, unha rexión colombiana castigada pola violencia e a pobreza.
O GRUPO DE PERCUSIÓN PORTUGUÉS ACTÚA MAÑÁ MÉRCORES ÁS 20:30 H
[27/02/2007] O grupo de percusión portugués Drumming pecha o ciclo de música actual que veu desenvolvéndose ao longo deste trimestre no Salón Teatro de Santiago de Compostela programado polo Centro Dramático Galego (CDG). Baixo o título de
Zapping , a banda lusa renderá mañá a partir das 20:30 horas o seu particular tributo á obra do músico norteamericano, mediante a interpretación de distintas pezas de compositores que recrean o seu estilo.
O TEATRO JOVELLANOS ESTREA A VERSIÓN EN CASTELÁN DO TEXTO DE ARTELLO
[24/02/2007] A Feira Europea de Teatro para Nenos e Nenas (FETÉN), a máis importante mostra escénica especializada en teatro infantil e xuvenil que se celebra en España, incluíu no programa da súa edición de 2007 unha función da última produción do Centro Dramático Galego (CDG), Tarará-Chis-Pum!, que terá lugar o luns 26 de febreiro ás 10:30 horas no Teatro Jovellanos, principal sede do certame.
A MONTAXE ENGARZA TEXTOS DE ANXOS SUMAI, CÁNDIDO PAZÓ, SONIA TORRE, SUSO DE TORO E XOSÉ MANUEL PAZOS
[22/02/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle os días 23 e 24 de febreiro a estrea de
Emigrados, a última produción de Teatro de Ningures, na que a compañía de Cangas de Morrazo aborda desde distintas ópticas o fenómeno da emigración. Con dirección de escena e dramaturxia de Etelvino Vázquez, 7 actores e actrices compoñen o elenco encargado de dar vida a cinco textos de escritores galegos actuais.
A MONTAXE ENGARZA TEXTOS DE ANXOS SUMAI, CÁNDIDO PAZÓ, SONIA TORRE, SUSO DE TORO E XOSÉ M. PAZOS
[22/02/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle os días 23 e 24 de febreiro a estrea de
Emigrados, a última produción de Teatro de Ningures, na que a compañía de Cangas de Morrazo aborda desde distintas ópticas o fenómeno da emigración. Con dirección de escena e dramaturxia de Etelvino Vázquez, 7 actores e actrices compoñen o elenco encargado de dar vida a cinco textos de escritores galegos actuais.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
| 48 |
49
50
51
52
53
54
| Seguintes