Novas
UN TOTAL DE 19 ALUMNOS PARTICIPAN NO ENCONTRO TITULADO "DIÁLOGOS. O ACABADO DUNHA PEZA"
[05/02/2007] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir de hoxe a terceira e última parte do curso de escritura teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade, impartido polo dramaturgo portugués Abel Neves e supervisado por Cándido Pazó, o autor residente no CDG na temporada 2006/07. Un total de 19 alumnos participan nesta actividade, que se desenvolverá até o venres 9, baixo o título "Diálogos. O acabado dunha peza" e porá énfase en todo o tocante a estilística, construción de personaxes, diálogos e resolución de finais.
HELENA PIMENTA DIRIXE A OBRA DE JUAN MAYORGA COA PARTICIPACIÓN DA ACTRIZ GALEGA LUÍSA MARTÍNEZ NO ELENCO
[02/02/2007] A emblemática compañía vasca Ur Teatro porá en escena este fin de semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela dúas funcións da obra
El chico de la última fila , que terán lugar mañá sábado 3 de febreiro ás 20:30 horas e o domingo 4 ás 18:00 horas. Baixo a dirección de Helena Pimienta, esta peza teatral que foi escrita expresamente por Juan Mayorga para Ur Teatro, chega a Compostela coa actriz galega Luísa Martínez como integrante do elenco.
AS FUNCIÓNS SERÁN OS DÍAS 1 E 2 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H.
[31/01/2007] O Salón Teatro de Santiago acollerá mañá día 1 e o venres 2 de febreiro, ás 20.30 horas, dúas funcións de
J’arrive...!, o último espectáculo da Compañía Marta Carrasco, no que a bailarina e coreográfa catalana realiza un percorrido por todas as súas creacións realizadas nos últimos dez anos. O espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) continúa así coa súa programación trimestral con esta novedosa proposta de danza, nunha semana na que tamén estará presente Ur Teatro, os días 3 e 4 co espectáculo
El chico de la última fila.
A COMPAÑÍA INSTITUCIONAL RECUPERA ESTE ESPECTÁCULO DE 1978 CUNHA NOVA VERSIÓN PARA PÚBLICO FAMILIAR
[30/01/2007] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea o próximo venres 2 de febreiro en Vigo o seu novo espectáculo
Tarará-chis-pum! , unha montaxe destinada ao público familiar coa que a compañía institucional chega ao ecuador da temporada escénica 2006-2007. A produción ofrece unha nova versión do espectáculo homónimo representado en 1978 por Artello Teatro; e a súa incorporación ao repertorio do CDG insírese na liña programática da unidade teatral pública respecto á captación de público infantil como unha das súas prioridades.
O AUTOR, ACTOR E DIRECTOR VALENCIANO EXERCITARÁ CON 14 ALUMNOS RECURSOS PARA A CONSTRUCIÓN DE OBRAS
[29/01/2007] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir de hoxe o segundo obradoiro do total de tres que conforman o curso de escrita teatral
Pistas para unha dramaturxia da actualidade, impartido polo dramaturgo valenciano Paco Zarzoso e supervisado por Cándido Pazó, o autor residente no CDG na presente temporada. Un grupo de 14 alumnos seguerá esta actividade, que se desenvolverá até o venres día 2 de febreiro baixo o título
A estrutura dunha peza e na que se abordarán os distintos elementos da teatralidade á hora de abordar o traballo dramatúrxico.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
| 50 |
51
52
53
54
| Seguintes