AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ALFREDO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ É O AUTOR DO MANUAL

O CDG edita o caderno pedagóxico do espectáculo 'O regreso ao deserto'

Documento anexo[27/10/2006] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra O regreso ao deserto. Segundo Alfredo Rodríguez Fernández, responsable deste manual, trátase "dunha selección de documentos; un caderno para empregar libremente, para axudar á reflexión sobre a creación dun espectáculo".
CELÉBRANSE NO SALÓN TEATRO TODOS OS MÉRCORES, AGÁS O 1 DE NOVEMBRO, ÁS 11.00 HORAS

Alumnos de 15 centros de ensino de toda Galicia asistirán en Santiago ás funcións escolares de 'O regreso ao deserto'

[25/10/2006] Alumnos dun total de 15 centros de ensino de toda Galicia asistirán ás funcións escolares que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrece no Salón Teatro de Santiago coa súa produción O regreso ao deserto, do dramaturgo francés Bernard-Marie Koltès. Dirixido por Cristina Domínguez Dapena, o novo espectáculo da compañía pública permanecerá neste escenario compostelán até o 19 de novembro, con cinco funcións semanais (o mércores para estudantes –agás o 1 de novembro– e de xoves a domingo para o público xeral).
O ESPECTÁCULO REPRESÉNTASE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO DO 2O DE OUTUBRO AO 19 DE NOVEMBRO

O CDG estrea 'O regreso ao deserto' de Koltès, dirixido por Cristina Domínguez

Documento anexo[18/10/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) inaugura o vindeiro venres a súa nova temporada teatral coa estrea, ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago, do espectáculo O regreso ao deserto, primeira versión en galego desta obra do dramaturgo francés Bernard-Marie Koltès. A directora da compañía adscrita ao IGAEM da Consellería de Cultura e Deporte, Cristina Domínguez, púxose á fronte desta montaxe que permanecerá en Compostela até o 19 de novembro e será representada noutras oito localidades galegas até finais de xaneiro de 2007.
O ESPECTÁCULO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO VISITARÁ TAMÉN CARBALLO E O BARCO

"A cabana de Babaiagá" inicia en Ourense unha nova serie de funcións escolares

[03/10/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta en Ourense do 4 ao 6 de outubro un total de seis funcións de A cabana de Babaiagá, espectáculo de música e narración oral para público infantil que dirixe Paula Carballeira. O Teatro Principal acollerá á compañía os días 4 e 5 de outubro ás 10.00 e 12.00 horas; así como o día 6 ás 11.00 e 20.30 horas. Ás funcións matinais asistirán escolares de ensino primario de distintos centros próximos, en tanto que á ultima representación poderá acceder o público xeral.
"O regreso ao deserto" de Koltès será a súa primeira produción

O CDG inicia temporada cunha especial atención á escrita dramática e á coprodución con compañías privadas

Documento anexo[27/09/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) enfronta a súa temporada teatral 2006-2007 coa posta en marcha de novas liñas de traballo que, xunto co seu habitual labor de produción de espectáculos, prestarán unha especial atención ao proceso de creación de textos teatrais e á coprodución de montaxes con compañías privadas galegas. A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou este mediodía a nova programación, que se desenvolverá de outubro a xuño e na que se insiren tres producións propias –O regreso ao deserto, de Koltès; Tarará-chis-pum, de Artello; e A piragua, de Cándido Pazó– e a coprodución con PistaCatro do espectáculo Kamikaze, así como a actividade continuada do Centro de Creación Dramática Contemporánea, a nova figura do dramaturgo residente, e a xestión e programación do Salón Teatro de Santiago.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 | 53 | 54 55 | Seguintes


AGADIC Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte

Accesibilidade | Aviso legal