Saltar menú

Escola de Altos Estudos Musicais


Escola de Altos Estudos Musicais

Centro para a educación musical xestionado pola Consellaría de Cultura e Turismo a través do AGADIC, a Escola de Altos Estudos Musicais ten como prioridade a formación e perfeccionamento de futuros profesionais galegos da música clásica, así como a organización de diferentes actividades de divulgación musical.

A Escola principiou no segundo semestre do curso académico 1997-1998 unha traxectoria vinculada á Real Filharmonía de Galicia, orquestra profesional con sede no compostelán Auditorio de Galicia, creada en 1995 como resultado dun proxecto no que concorreron a Xunta de Galicia e o Consorcio de Santiago. Os responsables da súa posta en marcha tiveron en conta a relevancia da faceta educativa, que até ese momento desenvolvera a extinta Xove Orquestra de Galicia, á hora de deseñar un centro que permitira investir o potencial dos destacados profesionais da Real Filharmonía na formación de futuras xeracións de músicos galegos.

Así, o equipo directivo da Escola de Altos Estudos Musicais está encabezado polo director da Real Filharmonía, Antoni Ros Marbà. Intégrano ademais Maximino Zumalave como director asociado, Enrique Meyer como xefe de estudos e unha vintena de titores para un total de doce especialidades. Estas son violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón e percusión. A meirande parte destes profesores, xunto cos que imparten as clases de música de cámara, son membros tamén da Real Filharmonía. O centro conta, así mesmo, coa colaboración doutros recoñecidos profesionais da música ao máis alto nivel que, en calidade de profesores convidados, comparten a súa experiencia cos alumnos nos diferentes cursos e encontros que se organizan durante cada período lectivo.

O plano de estudos xira en torno a dous departamentos independentes, aínda que complementarios nos seus obxectivos: as seccións de Especialización e de Formación Permanente.
Fotografía dun concerto dos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais.

Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia

Finca Vista Alegre. Rúa Salvadas, s/n. CP. 15705 - Santiago de Compostela

Teléfono: 981 554 222

Fax: 981 571 170

Correo: escola.altos.estudios.musicaisa r r o b axunta.es


Novas

OS RECITAIS, DE ENTRADA LIBRE, CELEBRARASE O LUNS 8 E O MARTES 9 ÁS 20.30 H

O auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais acolle dous concertos de cámara dos alumnos do centro

[05/02/2010] A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ofrecerá os vindeiros días 8 e 9 de febreiro senllos concertos de cámara a cargo dun total de 15 alumnos das especialidades instrumentais de corda e de vento-metais. Ambos recitais, de entrada libre ata completar o aforo, terán lugar ás 20.30 horas no auditorio da sede da escola, na finca Vista Alegre de Santiago.


O RECITAL, NO QUE ACTUARÁN COMO SOLISTAS VERÓNICA CRUZ (ÓBOE) E SERGIO APARICIO (VIOLÍN), REPETIRASE O MÉRCORES EN VIGO A BENEFICIO DA ASOCIACIÓN "VIDA DIGNA"

Jordi Mora dirixe mañá en Santiago un concerto da orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais Documento anexo

[30/11/2009] O mestre catalán Jordi Mora dirixirá mañá martes 1 de decembro un concerto da Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) no que os alumnos deste centro interpretarán obras de Beethoven, Bach e Haydn. O recital, que terá lugar ás 20.30 horas no auditorio da EAEM, repetirase co mesmo programa o mércores día 2 ás 20.00 horas no Centro Cultural Caixanova de Vigo, a beneficio da asociación humanitaria de axuda ao necesitado "Vida Digna".


O RECITAL DOS ALUMNOS CELEBRARASE MAÑÁ ÁS 20.30 HORAS NO AUDITORIO DA SEDE COMPOSTELÁ DA EAEM

José Luis Estellés dirixe o concerto inaugural do novo curso da Escola de Altos Estudos Musicais

[11/11/2009] O mestre valenciano José Luis Estellés dirixirá os alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) no concerto inaugural do curso 2009-2010 que ofrecerán mañá xoves día 12, ás 20.30 horas, no auditorio da súa sede en Santiago de Compostela. Nesta actuación, os estudantes interpretarán o Octeto e a Sinfonía para instrumentos de vento de Stravinsky, e Cadros para unha exposición de Mussorgsky.


Unha vintena de alumnos participa na oitava edición do Festival de Contrabaixo "Ludwig Streicher"
A Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece mañá o seu Concerto de Nadal baixo a dirección de Jordi Mora
A EAEM ofrece o seu último concerto do curso a cargo dos alumnos de cámara
A Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais actúa en Santiago co pianista Guillermo González como solista Documento anexo
A Orquestra da EAEM actúa en Ames e Santiago dirixida por Jordi Mora