Glass City (cidade de cristal)
Teatro do Noroeste
Autor: Eduardo Alonso
Dirección: Eduardo Alonso
Escenografía: Paco Conesa
Iluminación: Eduardo Alonso
Son: Bernardo Martínez
Vestiario: Paco Conesa
Música: Bernardo Martínez
Elenco: Xavier Estévez, Luma Gómez, Carlos Mosquera "Mos", Maxo Barjas, Monti Castiñeiras, Xan Casas, Christian Escuredo, Ramón Orencio, Fernando Tato, Fernando González, Brandán Lourenzo, Brais Morán, Julia Méndez, Julia Sánchez
Nos últimos días de agosto de 1958, cando o xefe do Estado español, o ditador Francisco Franco, pasa os veráns no pazo de Meirás, transformando A Coruña na capital de España, nesta cidade agardan a que chegue a comitiva gobernamental para comezar a desplumar, en diversas partidas de cartas, os visitantes madrileños que acompañan ás autoridades. Tamén inaugurarán moitas entidades e, como di o seu alcalde, Alfonso Molina, no seu bando: "Os veciños deben estar preparados para engalanar os seus balcóns e galerías con colgaduras e magníficas iluminacións... Que a inmensa ledicia que sentimos ao vernos honrados coa presenza do primeiro español (refírese a Franco) saia de forma natural ao exterior demostrando como se lle quere na súa terra".
Tamén se fían e esfían os amores e desamores daquela mocidade que, subxugada, escoita por primeira vez os sons inquietantes da nova música chegada de Estados Unidos, o
rock and roll.
Aínda que xa leva con actividade desde hai un ano, tamén se quere que Francisco Franco inaugure a Sociedad Hípica de La Coruña, sociedade que, aínda que civil, está totalmente relacionada co estamento militar; non en van, os terreos onde se instala foron cedidos polo capitán xeneral da VIII Rexión Militar, establecido na Coruña.
Pero tamén, naqueles anos, se prepara na Coruña un dos varios atentados que sufriu Franco ao longo do seu réxime, atentado que, malia non callar, serviu de inspiración a outro que, varios anos despois, fixo saltar polos aires o coche do entón presidente do consello de ministros, Luis Carrero Blanco.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 120'
Público preferente: Adulto
TEATRO DO NOROESTE
Teatro do Noroeste é unha compañía que, na súa dilatada traxectoria de máis de 20 anos, produciu e distribuíu unha gran cantidade de espectáculos. Entre estes espectáculos pódense salientar desde textos clásicos como
Rei Lear,
Macbeth ou
Noite de Reis, de William Shakespeare, ou
As vodas de Fígaro, de Caron de Beaumarchais, ata textos máis contemporáneos como
Os xustos, de Albert Camus, ou de autores galegos como
Historias peregrinas ou
A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, e
Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro, así como o musical
Imperial: Café Cantante. Vigo 1936, de Eduardo Alonso, entre moitos outros.
Teatro do Noroeste
Tel.: 981 568 974 / 629 814 297
correo
teatrodonoroeste.com
www.teatrodonoroeste.com