Wake Up
Nut Teatro
Autoría: Nut Teatro
Dirección: Carlos Neira
Escenografía: Nut Teatro
Iluminación: Octavio Mas
Son: Nut Teatro
Vestiario: Nut Teatro
Música: Alain Baumann (Konic Thtr)
Elenco: Nerea Barros, Xiana Carracelas, Arantza Villar, Iria Sobrado, Carlos Neira
Con
Wake Up a compañía Nut Teatro continúa a liña de traballo trazada nas súas anteriores propostas escénicas, onde apostaba por obras experimentais que combinaban fórmulas especificamente teatrais con outras máis próximas á arte realizativa ou de acción. O espectáculo reflexiona sobre a intimidade e as relacións xurdidas de novos modelos de convivencia que o devir dos tempos fixo aparecer: as camas quentes, expresión referida ao leito subarrendado a homes e mulleres.
Cando se derruba a fachada dunha casa queda nas paredes unha pegada da vida vivida tras ela: pintura descascada, azulexos, papel de parede, vigas de madeira, limiares. Paredes que xa non resgardan nada, á intemperie, espazos abertos que manteñen anacos de materiais vellos, estruturas espidas.
Arquitectura caducada, cicatrices na paisaxe urbana, memoria, espazos vividos.
Edificios derruídos.
Sedimentación na que se xesta a identidade.
Arquitectura sensible.
Pel activa, interactiva e sensible.
Veo que vela.
Veo que vela e revela contradicións e abusos.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 70'
Público preferente: Adulto
NUT TEATRO
Nut Teatro é unha compañía teatral galega fundada en maio de 2006 que aposta por propostas contemporáneas.
2007:
Corpos disidentes. Teatro Principal (Santiago), A Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, Ribadeo, Viveiro, O Carballiño, Cee, Gondomar, O Milladoiro e Ferrol. SIMULACRO 2007 na Sala Triángulo (Madrid), Feira das Artes Escénicas de Galicia, Escena Contemporánea (Madrid), Centro de Arte Contemporánea de Huarte (Navarra), FITEI do Porto e Sala Nasa (Santiago) .
2007:
4.48 Psicose. Sala Nasa, MITEU, 125 Anos de Teatro en Galego: A Coruña, Noia, Viveiro, A Estrada e Vilagarcía de Arousa. FITEI (O Porto), MIT (Ribadavia). Pontevedra, Vilalba, Ferrol, Gondomar, O Carballiño, Ribadeo e Vigo.
2007:
A mirada de Pier. Sala Nasa (Santiago), Ferrol, Ourense, Pontevedra, Compostela, Vigo, A Coruña, O Carballiño, Vilalba, Lagos (Portugal), ALT (Vigo), X Mostra SESC de Cultura do Cariri no Ceará (Brasil) e 15º Janeiro de Grandes Espectáculos de Recife (Brasil).
2008:
Peep Show, performance creada para o ciclo ‘AccionST’ do CDG, Salón Teatro (Santiago).
2008:
Show Room, no espazo Los Sastrecillos Valientes (Santiago).
2009:
Wake Up. FITEI, Salón Teatro (Santiago).
Nut Teatro
Tel.: 981 570 157 / 619 377 772
info
nutteatro.es
www.nutteatro.es