A esmorga
Sarabela Teatro
Autor: Eduardo Blanco Amor
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Adaptación: Begoña Muñoz, Carlos Couceiro
Escenografía: Suso Díaz
Iluminación: Suso Díaz
Son: Vadzim Yukhnevich, Yuri Sidar
Vestiario: Ruth D. Pereira
Música: Vadzim Yukhnevich, Yuri Sidar
Elenco: Fernando Dacosta, Suso Díaz, Josito Porto, Nate Borrajo, Rosa Álvarez, Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Tito Asorey
A esmorga é unha traxedia aceda e cruel de tres homes marxinais e marxinados que ao longo de vinte e catro horas deambulan polos arrabaldes de Auria -transfondo ficcional da cidade de Ourense-. Perseguidos pola Xustiza e baixo a choiva e o frío da noite, Cipriano Canedo, obreiro (O Cibrán ou O Castizo), Juan Fariña (O Bocas, O Alifante), sen oficio coñecido, e Eladio Vilarchao (O Milhomes, O Maricallas), xastre de profesión, atopan o seu desafogo no alcohol, no sexo e na violencia. A entrega aos praceres máis primarios, como fuxida á adversa realidade en que viven, lévaos á autodestrución.
A historia transcende a época e o espazo. Podería acontecer hoxe en calquera cidade occidental. Os tres esmorgueiros constitúen prototipos de individuos alienados, con pouca conciencia de clase e cunhas condicións de vida que os levan á autoexclusión dunha sociedade que á súa vez lles dá as costas.
Xénero: Teatro de actor
Duración do espectáculo: 90'
Público preferente: Adulto
SARABELA TEATRO
Recoñecida como unha das compañías máis consolidadas de Galicia, Sarabela Teatro leva 29 anos de traballo incesante nos que o compromiso coa realidade se manifesta en cada un dos seus espectáculos.
Conta con seis Premios Compostela, trinta María Casares, cinco FETEN e un Celestina. Foi finalista en dúas ocasións nos Premios Max e en Teatralia. Recibiu dous premios de honra: Xiria e Abrente, e obtivo o premio do espectador no FIOT de Carballo.
Ionesco, Kundera, Mishima, S. Belbel, M. Rivas, Calderón, Lorca ou Blanco Amor, entre outros, deixaron pegadas inesquecibles nunha prolífica travesía que foi derivando cara á produción de textos de autoría propia con títulos como
Tics,
Margar no pazo do tempo ou
Dáme veleno.
Sarabela Teatro
Tel.: 988 247 483 / 629 860 580
sarabela
yahoo.es
www.sarabelateatro.com