As compañías Caramuxo, Tanxarina e Eme2 levan o teatro infantil galego á feira FETEN de Xixón
[21/02/2012]
As compañías Caramuxo Teatro, Tanxarina e Eme2 son as representantes galegas na carteleira da feira FETEN de Xixón, o maior encontro profesional especializado en teatro infantil dos que se celebran en España, ao que acudirán coas súas montaxes Mensaxe sen botella, Trogloditas e Kafka e a boneca viaxeira, respectivamente. [+]
Edítase coa colaboración do Centro Coreográfico o cuarto volume da colección Corpo de Letra centrado na narratoloxía da danza
[20/02/2012]
O Centro Coreográfico Galego, o Institut del Teatre e o Mercat de les Flors de Barcelona acaban de publicar A contracuento. La danza y las derivas del narrar, do profesor italiano Roberto Fratini, que fai o cuarto volume da súa colección editorial Corpo de letra: danza e pensamento, pioneira no ámbito da teoría da danza contemporánea. [+]
Santiago e Guimaraes acollerán unha conferencia internacional sobre a dimensión das industrias creativas na eurorrexión
[18/02/2012]
A Cidade da Cultura en Santiago e o Paço dos Duques de Bragança en Guimarães acollerán os días 23 e 24 de febreiro a Conferencia Internacional As Industrias Creativas como Chave para o Futuro: Análise e Perspectivas, na que institucións e expertos analizarán a dimensión da cultura da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en relación coa economía.  [+]
O director da Agadic participou no Encontro Internacional de Economía e Cultura
[16/02/2012]
O director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero, interveu como relator na primeira sesión do Encontro Internacional Economía e Cultura durante a que avogou pola definición de novas estratexias e accións concretas para que as industrias culturais e creativas (ICC) consoliden e mesmo incrementen o seu peso específico no tecido empresarial galego. [+]
Inversa Teatro reflexiona sobre o universo feminino coa posta en escena no Salón Teatro de PAPER DOLLS. O SILENCIO DAS DAMAS
[15/02/2012]
Inversa Teatro convida a reflexionar sobre o universo feminino en Paper Dolls. O silencio das damas, que poderá verse este venres 17 e o sábado 18, ás 20.30 h, no Salón Teatro de Santiago. A compañía pontevedresa aposta nesta cuarta produción por unha proposta peculiar e experimental, que consta dunha obra de teatro e máis dun documental. [+]