Rede Galega de Música ao Vivo. Programación febreiro-xuño 2012
Un total de 69 bandas musicais e 4 compañías escénicas, a meirande parte delas galegas, figuran n a nova carteleira da Rede Galega de Música ao Vivo, que desenvolverá ata finais de xuño 226 actuacións nas 29 salas asociadas ao circuíto que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e en colaboración coas asociación Clubtura.
Axenda:
A programación pode ser consultada a través da sección de axenda desta web, na que se habilitou un buscador de eventos por data da actuación, localidade, espazo, compañía/grupo e tipoloxía.

Actuación do grupo Sinestesia no pub Ultramarinos de Santiago durante a presentación da nova programación da Rede Galega de Música ao Vivo
Tras cinco anos de actividade ininterrompida, esta rede tense confirmado xa como a máis ampla e estable canle galega para a distribución de música ao vivo en locais de aforo reducido, á que teñen acceso tantos os grupos consolidados como os emerxentes. A partir de 2011 experimentou , ademais, un importante salto cualitativo canto á súa profesionalización, de xeito que nestes momentos todos os espazos adscritos á Rede Galega de Música ao Vivo cumpren cunha serie de estándares técnicos que garanten mellores condicións para o desenvolvemento das actuacións, ao tempo que a distribución e/ou produción dos concertos se realiza tamén de xeito profesional.
A programación deste primeiro período de 2012 esténdese por un total de 21 localidades galegas:
- A Coruña | BâBâ Bar, Garufa e Jazz Filloa
- A Laracha | Pub d'Antón Rock Café
- Allariz | Café-Cultural Roi Xordo
- Baiona | Marrucho
- Bueu | Aturuxo
- Caldas de Reis | Zona Zero
- Cangas do Morrazo | SalaSon
- Culleredo | Forum Celticum
- Ferrol | Sala Super8
- Lugo | Clavicémbalo
- Marín | Ache
- Melide | A Fundación, Pub Gatos e Sala 600
- O Barco de Valdeorras | Baranda
- O Grove | Náutico
- O Porriño | Bar Liceum
- Ourense | Auriense Café Cultural
- Ponteareas | A Regueifa
- Pontevedra | Sala Karma
- Santiago de Compostela | Ultramarinos
- Vilagarcía de Arousa | Sama Sama
- Vigo | Contrabajo, El Ensanche, La Casa de Arriba,
La Fábrica de Chocolate e La Iguana Club
Rock, pop, folk, blues, electrónica, jazz e canción de autor son, entre outros, os estilos nos que poden inserirse os 69 grupos de música que figuran nesta axenda cultural, na que tamén hai lugar para as representacións escénicas, a cargo de dúas compañías escénicas e dous magos:
- 1045
- 3Azoteas
- Aló Django Trío
- Álvaro Murás Funkatro
- Baldosa Amarilla
- Bastards on Parade
- Burgas Beat
- Carlos Childe Troupe
- Cats and Monkeys
- Clave de Fado
- Colectivo Oruga
- Costas
- Coyote Express Band
- Crema de Gaita
- Daniel Higiénico
- Dios Ke Te Crew
- Disco Las Palmeras!
- Doc Magoo's
- Edu Manazas & Whiskey Tren
- Eladio y Los Seres Queridos
- Elefante Elegante
- Foxy Freire
- Fracasados de Antemano
- Funk'n'Bastards
- Glasgow
- Glassonion
- Guezos
- Hugo Torreiro
- Igloo
- Inerttes
- Ith
- Jane Joyd
- Julie Guravich & Víctor Aneiros Band
- Krömer
- La Banda del Camión
- Lobalú
- Los Eternos
- Los Guacamola
- Los Mecánicos
- Lulavai
- Mago Benxamín
- Mago Teto
- Maryland
- Max Gómez & Paco Charlín Quartet
- MCarballo Trío
- Moondogs Blues Party
- Nadie Es Perfecto Blues Band
- Nicolás
- No Reply
- Novedades Carminha
- O Sonoro Maxín
- Obras Públicas
- Os da Ría
- Pentalfa
- Pi Graos
- Pilocha. Voz e Piano
- Raiba
- Roger de Flor
- Rusos Blancos
- Samesugas
- Sandford Music Factory
- Sés
- Sinestesia
- Stereotipos
- Sumrrá
- Telephones Rouges
- The Fingers
- Ton Risco Quinteto
- Tora Tora Tora!
- Trasnochando
- Voltaica
- Xan Campos Trio
- Zënzar




















