Mostra de Artes Escénicas de Galicia

A Mostra de Artes Escénicas de Galicia exhibe do 17 ao 20 de outubro en Santiago de Compostela un total de 25 espectáculos baixo dúas modalidades de representación (formato completo e showcase) desde tres espazos da cidade. Serán catro días de escenificacións durante os que o Salón Teatro, a SGAE/Fundación Autor e o Teatro Principal recibirán a preto de cincuenta programadores e axentes culturais galegos, ademais do público xeral que poderá acceder de balde ás funcións de teatro, danza, maxia e novo circo mediante as que se reflectirá a variedade de xéneros e estilos da oferta escénica do país.

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo organiza este evento, que debido ás restricións orzamentarias substitúe este ano á Feira Galega das Artes Escénicas, mantén o obxectivo esencial de dar a coñecer anualmente aos profesionais (técnicos dos concellos, directores artísticos de festivais ou representantes de entidades que usualmente exercen como clientes dentro do mercado escénico galego) unha escolma da mellor produción actual, a través dunha completa carteleira integrada polas propostas seleccionadas por un comité nomeado ao efecto.

Pases íntegros e de 20 minutos
Das 25 montaxes en exhibición, 11 representaranse no seu formato completo. Sete delas corresponden a teatro de adulto (Citizen, de Chévere; Unha hora na vida de Stefan Zweig, de Lagarta, Lagarta; Pelos na lingua, de Talía Teatro; E.R.(Algún día traballaremos xuntas), de Teatro do Atlántico; Último cowboy, de Teatro do Noroeste; e Tango, de Sarabela Teatro) e catro a teatro infantil (Valados, de Artestudio Teatro; Pío, de Caramuxo Teatro; Nana para un soldado, de Ghazafelhos; e Malas palabras, do grupo Katarsis, Educación e Teatro).

Na categoría de showcases insírense 14 propostas, catro de teatro de adulto (Le Frigo, de Mundo Villalustre; Os magníficos Confetti Brothers/Uns cadáveres moi vivos, de Confetti Brothers productions; Oiseau Rebelle, de Funboa Escénica; e Paper Dolls, de Inversa Teatro), tres de teatro infantil (Cama e conto, de Babaluva; Fíos, de Baobab Teatro; e A folla máis alta, de Berrobambán), tres de danza (Ausencia, de An_danza; Blondy's coffee, de Entremans; e Baleadas, de Traspediante); outras tres de novo circo (Montaxe, de AsSicópatas, Montaña Rusa/Vida e obra de Fermín Noite, de Isla le Triska; e Roces & Goces, de Producciones P&G Circus); e unha de maxia (As novas tolemaxias, do Mago Teto).

As compañías incluídas neste apartado, moitas delas de recente creación e con propostas novedosas canto ás linguaxes empregadas, farán presentacións de cadanseu espectáculo concentradas nun máximo de 20 minutos, que se desenvolverán nas dúas primeiras xornadas da Mostra, a partir das 22:00 horas no Salón Teatro. Así, tanto o luns 17 como o martes 18 exhibirase unha sucesión de sete showcases, o primeiro día dedicado a teatro de adulto e infantil, e o segundo centrado en danza, novo circo e maxia.

Aberta ao público
Ademais dos profesionais acreditados, que teñen reservadas as súas localidades para todos os espectáculos que soliciten, o público xeral tamén pode acceder de xeito gratuíto ás montaxes, sempre en función do aforo dispoñible. Os espectadores poderán retirar as súas entradas nas billeteiras do espazos correspondentes, que abrirán unha hora antes do comezo de cada función.


LUNS 17

MARTES 18

MÉRCORES 19

XOVES 20

11.00 h

sgae/ fundaciÓn
autor

PÍo

Caramuxo Teatro

infantil de 3 a 7 anos
teatro de monicreques
45 minutos

Autoría: Juan Rodríguez,
Laura Sarasola Pontón
Dirección: Caramuxo Teatro
Elenco: Laura Sarasola,
Juan Rodríguez

Malas palabras

Katarsis,
Educación e Teatro

infantil de 7 a 12 anos
teatro de actor | 55 minutos

Autoría: Perla Szchumacher
Dirección: Kevin Stewart
Elenco: Estíbaliz Veiga

13.00 h

salÓn
teatro

Pelos na lingua

Talía Teatro

adulto | teatro de actor
70 minutos

Autoría: VV.AA.
Dirección: Avelino González
Elenco: María Ordóñez,
Toño Casais, Artur Trillo

Valados

Artestudio Teatro

infantil de 7 a 12 anos
teatro de actor | 55 minutos

Autoría: Agustín Fernández Paz
Dirección: Xurxo Cortázar
Elenco: Estefanía Gómez,
Ramiro Neira, Xurxo Cortázar

18.30 h

teatro
principal

Último cowboy

Teatro do Noroeste

adulto | teatro de actor
120 minutos

Autoría: Eduardo Alonso
Dirección: Eduardo Alonso
Elenco: Miguel Pernas,
Luma Gómez

Tango

Sarabela Teatro

adulto | teatro de actor
80 minutos

Autoría: Slawomir Mrózek
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Elenco: Fina Calleja, Elena Seijo, Vicente de Souza, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Lino Braxe, Nate Borrajo

E.R. (AlgÚn día
traballaremos xuntas)

Teatro do Atlántico

adulto | teatro de actor
115 minutos

Autoría: Josep M. Benet i Jornet
Dirección: Xúlio Lago
Elenco: Manuela Varela,
María Barcala, Luísa Merelas,
Susana Dans

Oeste solitario

Producións Teatráis
Excéntricas

adulto | teatro de actor
100 minutos

Autoría: Martin McDonagh
Dirección: Quico Cadaval
Elenco: Evaristo Calvo,
Víctor Mosqueira,
Marcos Correa, María Lado

22.00 h

salón
teatro

Citizen

Chévere

adulto | teatro de actor
160 minutos

Autoría: Chévere
Dirección: Xron
Elenco: Patricia de Lorenzo,
Manuel Cortés, Miguel de Lira,
Mónica García, Arantza G. Villar,
Nekane Fernández, Iván Marcos

Unha hora
na vida de
Stefan Zweig

lagarta, lagarta

adulto | teatro de actor
85 minutos

Autoría: Antonio Tabares
Dirección: Rosa Álvarez
Elenco: Ernesto Chao,
Belén Constenla,
César Cambeiro

Le Frigo

Mundo Villalustre

adulto | teatro de actor

Autoría: Copi
Dirección: Zé Paredes
Elenco: Mundo Villalustre

Ausencia

an_danza

todos os públicos | danza

Autoría: Amparo Novas,
Ariel Caramés Dirección|coreografía:
Amparo Novas, Ariel Caramés
Elenco: Ariel Caramés,
Amparo Novas

Os magnÍficos Confetti Brothers
(uns cadÁveres
moi vivos)

Confetti Brothers Productions

adulto | teatro de actor

Autoría: Willy Eter
Dirección: Confetti Brothers
Elenco: Luis Quinteiro,
Willy Eter

Blondy´s Coffee

Entremans

adulto | danza

Autoría: Kirenia Martínez,
Beatriz Pérez Dirección|coreografía:
Kirenia Martínez, Beatriz Pérez
Elenco: Kirenia Martínez,
Beatriz Pérez

Oiseau Rebelle

Funboa Escénica

adulto | teatro de actor

Autoría: Paulina Funes,
Cristina Balboa
Dirección: Paulina Funes,
Cristina Balboa
Elenco: Cristina Balboa,
Paulina Funes

Baleadas

Traspediante

infantil de 3 a 7 anos | danza

Autoría: Traspediante Dirección|coreografía:
Marta Alonso, Begoña Cuquejo, Paulina Funes
Elenco: Marta Alonso,
Begoña Cuquejo, Paulina Funes

Paper Dolls

Inversa Teatro

adulto | teatro de actor

Autoría: Lola Correa
Dirección: Lola Correa
Elenco: Vanesa Sotelo,
Marta Pérez

Montaxe

AsSircópatas

adulto | novo circo

Autoría: Jesús Graña Menduíña, Daniel Blanco Chapela
Dirección:
Gorka Ganso
Elenco: Jesús Graña Menduíña, Daniel Blanco Chapela

Cama e conto

Babaluva

infantil de 7 a 12 anos
teatro de monicreques

Autoría: Gonzalo Moure Trenor Dirección: Santi Prego
Elenco: Larraitz Urruzola,
Mirari Urruzola

MontaÑa rusa (vida e obra de FermÍn Noite)

Isla Le Triska

adulto | novo circo

Autoría: Isla Le Triska
Dirección:
Walter Velázquez, Natalia Outeiro (Pajarito)
Elenco: Isla Le Triska

Descanso de 15 minutos

FÍos

Baobab Teatro

infantil de 3 a 7 anos
teatro de monicreques

Autoría: Andrea Bayer
Dirección: Óscar Ferreira,
Andrea Bayer
Elenco: Andrea Bayer

Roces & Goces

Producciones P&G Circus

adulto | novo circo

Autoría: Producciones
P&G Circus
Dirección: Marta Pazos
Elenco: Aitor Garuz Milla,
Alfonso Medina

A folla mÁis alta

Berrobambán

infantil de 7 a 12 anos
teatro de actor

Autoría: Paula Carballeira Dirección: Chiqui Pereira
Elenco: Paula Carballeira,
Chiqui Pereira, Carlos López

As novas tolemaxias

Mago Teto

adulto | maxia

Autoría: Mago Teto
Dirección: Héctor García Guerra
Elenco: Jorge Prieto,
Héctor Guerra