Premios
A Agadic convoca anualmente e de maneira conxunta tres premios de literatura dramática que comparten como obxectivo prioritario servir de estímulo á escrita específica para o ámbito teatral: Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais —consolidado xa como o galardón de referencia para a dramaturxia en galego—, Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidades de público infantil e adulto).
Cada un dos galardóns e modalidades conta cunha dotación económica de 6.000 euros, ademais de contemplar a posibilidade de que as obras sexan publicadas dentro das coleccións dramáticas que a Agadic coedita con distintas empresas galegas. Poden optar a estes premios textos teatrais inéditos escritos en galego e non representados nin premiados noutros certames.
CONVOCATORIAS 2012
Estado: resolto
Data de publicación: 17 de abril de 2012
Prazo de presentación: ata o 11 de xuño de 2012
Convocatoria:
- DOG nº 73, de 17 de abril de 2012 (pdf, 541 Kb)
- Bases en galego (pdf, 1Mb)
- Bases en castelán (pdf, 1Mb)
Resolución:
- DOG nº 31, de 13 de febreiro de 2013 (pdf, 459 Kb)
Gañadores:
- XXI Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais
Isobaras, de Gustavo Pernas Cora - VII Premio Manuel María de literatura dramática infantil
Deserto - X Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques
Modalidade para rapaces: Un mosquito de nome Henri, de Raúl Dans
Modalide para adultos: deserto
CONVOCATORIAS 2011
Estado: resolto
Data de publicación: 1 de marzo de 2011
Prazo de presentación: ata o 3 de xuño de 2011
Convocatoria:
- DOG nº 41, de 1 marzo de 2011 (pdf, 68Kb)
- Bases en galego (pdf, 282Kb)
- Bases en castelán (pdf, 304Kb)
Resolución:
- Acta do xurado (pdf, 662 Kb)
Gañadores:
- XX Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais
A cegueira, de Marcos Abalde - VI Premio Manuel María de literatura dramática infantil
O refugallo, de Paula Carballeira - IX Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques
Deserto nas dúas modalidades (adulto e infantil)
ANTERIORES PREMIADOS
Premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais





















