DATA
Sábado,1 de decembro de 2012
HORA
13.30 h
LUGAR
CINC (Centro de Innovación Cultural)
Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n
INTERVEÑEN
-Manuel Guede Oliva, director do Centro Dramático Galego (CDG)
-Antonio Augusto Barros, Pedro Rodrigues e Rui Madeira, representantes da asociación portuguesa Cena Lusófona
-Anacleta Pereira e José Mena Abrantes, representantes de Elina Teatro de Angola
A presentación do proxecto, no que participa o Centro Dramático Galego, insírese na programación do III Encontro Internacional de Políticas de Intercambio no Ámbito das Artes Escénicas, que dá comezo hoxe no Gaiás coa participación de máis dun centenar de profesionais galegos e procedentes de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor-Leste.